|

XORNADA DESEUCALIPTIZADORA EN MONTEFARO

 

Un grupo da directiva da Asociación de Amigos del Monasterio de Santa Catalina, participamos na Xornada, organizada por Betula e Verdegaia.

Tivo lugar o 24/10/2020 e realizouse en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras (Verdegaia).
O punto de encontro foi no aparcadoiro do Mosteiro de Santa Catalina às 09:00.
Para participar e contar con cobertura de seguro compre figurar inscritas como Brigadistas (sen custo) e com.
Toda a información podedes atopala na seguinte ligazón http://verdegaia.org/brigadas/archivos/664.
As dúas parcelas nas que se actúou son de fácil acceso.Con todo, é menester levar luvas,calzado axeitado e máscaras de protección,así como algunha machada se dispoñedes desta
ferramenta.

A xornada resultou un éxito, todos os rebrotes foron eliminados, o día nublado cunha temperatura de outono , facilitou o traballo, que se realizou con estrictas normas de seguridade , as brigadas se formaron en grupos de tres, con uso de mascarillas, rematou arredor da unha e seguindo as normas sanitarias repartiuse froita,siga e bocadillos.
A participación altruista realizada coa idea de recuperar o bosque autóctono e a nosa paisaxe, pareceunos un bó comezo para lograr en Montefaro un monte sostenible e por supuesto nos arredores de Santa Catalina.

Publicaciones Similares