Taller de participación pública para a iniciativa da Infraestrutura Verde da área da Coruña

O vindeiro xoves 12 de Abril, ás 18:30 h, celebrarase un taller de participación pública para a iniciativa da Infraestrutura Verde da área da Coruña, no Concello de Ares no Salón de Actos do Edificio da Alianza Aresana, Rúa María Nº 11, Ares, para entidades, asociacións e cidadanía en xeral dos concellos de Ares, Mugardos e Fene. Estes encontros, abertos a toda a cidadanía interesada, buscan recoller as propostas e ideas da poboación para coñecer a situación ambiental da zona e as opinións para mellorar e manter as áreas naturais e a ordenación do territorio desde unha perspectiva medio ambiental, ademais de identificar posibles sendas e rutas ou espazos de ocio que se poderían crear ou mellorar.

Compre recordar que a Infraestrutura Verde da área da Coruña é unha iniciativa pioneira en Galicia e na súa posta en marcha están a colaborar desde finais do ano pasado a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. A través deste proxecto promóvese unha estratexia de planificación das zonas naturais e doutros elementos co fin de garantir a provisión de todo tipo de servizos ambientais e a protección da biodiversidade das áreas urbanas e rurais.

Os talleres que se desenvolverán en horario de tarde (18:30 h.), teñen as seguintes datas e lugares previstos:

Área de Pontedeume – Cabanas: 10 de abril, na Aula nº 14 do Edificio Foremdes, Avda. Ricardo Sánchez s/n, Pontedeume.

Área de Ares – Fene – Mugardos: 12 de abril, no Salón de Actos do Edificio da Alianza Aresana, Rúa María Nº 11, Ares. 

 

Para máis información pódese consultar a páxina web infraestruturaverdecoruna.gal, enviar un correo electrónico ao enderezo info@infraestruturaverdecoruna.gal ou chamar ao teléfono 981 669 541.

Publicaciones Similares