O SAÍDA FORMATIVA DO PROXECTO RÍOS COA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO MOSTEIRO DE SANTA CATALINA DE MONTEFARO
O SAÍDA FORMATIVA DO PROXECTO RÍOS COA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO MOSTEIRO DE SANTA CATALINA DE MONTEFARO
Ares, 06 de xullo de 2020
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia e o IET. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
O 9 de xullo, ás 16:00h rio dos Frades, faremos unha saída formativa coa Asoc. Amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, correspondente á inspección da campaña de primavera de 2020. As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poda logo desenvolver o programa autonomamente.
Para máis información:
Celsa Formoso
Asociación de amigos de Santa Catalina de Montefaro.
639 850 308
Paco Bañobre
Coordinador de grupos do Proxecto Ríos
981 570 099 / 627 628 194
pacobanhobre@adega.gal
info@proxectorios.org
wwww.proxectorios.org